Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2016 Páx. 43071

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Orde do 15 de setembro de 2016 pola que se establece o deseño e as características das condecoracións, distintivos de permanencia e distincións honoríficas que a Xunta de Galicia poderá outorgar ao persoal da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia ou a persoas e institucións que colaboren con ela.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 177, do 16 de setembro de 2016, cómpre efectuar as seguintes modificacións:

– Na páxina 42928:

Substituír a imaxe do diploma acreditativo da concesión da cruz de ouro pola que se insire a continuación:

missing image file

– Na páxina 42929:

Substituír as imaxes dos diplomas acreditativos da concesión da cruz de prata e da cruz de bronce polas que se insiren a continuación:

missing image file

missing image file

– Na páxina 42932:

Substituír a imaxe do diploma acreditativo da concesión do distintivo básico pola que se insire a continuación:

missing image file

– Na páxina 42933:

a) Onde di: «c) O deseño tamén incluirá o logotipo da Xunta de Galicia, colocado tras o texto e en cor gris, a modo de marca de auga, coas seguintes características:», debe dicir: «c) O deseño tamén incluirá outra reprodución do distintivo, colocado tras o texto e en cor gris, a modo de marca de auga, coas seguintes características:».

b) Substituír a imaxe do diploma acreditativo da concesión da barra branca aos 15 anos de servizo pola que se insire a continuación:

missing image file

– Na páxina 42934:

Substituír as imaxes dos diplomas acreditativos da concesión das barras amarela e azul, correspondentes aos 20 e 25 anos de servizo polas que se insiren a continuación:

missing image file

missing image file

– Na páxina 42935:

Onde di:

«d) O deseño tamén incluirá o logotipo da Xunta de Galicia, colocado tras o texto e en cor gris, a modo de marca de auga, coas seguintes características:», debe dicir: «d) O deseño tamén incluirá outra reprodución do distintivo, colocado tras o texto e en cor gris, a modo de marca de auga, coas seguintes características:».

-Na páxina 42940, substituír a imaxe do diploma acreditativo da concesión da distinción honorífica pola que se insire a continuación:

missing image file