BDNS (Identif.): 317371.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán participar nesta convocatoria tanto as persoas individuais como os grupos de traballo formados para o efecto. Neste último caso, acreditarase a persoa física responsable da dirección do grupo e a porcentaxe de participación de cada integrante do grupo de traballo premiado.
Segundo. Obxecto
Traballos de investigación e estudo sobre a Administración pública de Galicia desde unha perspectiva xurídica, sociolóxica ou económica.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 6 de setembro de 2016 pola que se convoca o Premio Manuel Colmeiro, para traballos de investigación elaborados desde distintas perspectivas de estudo, que teña como obxecto a Administración pública de Galicia.
Cuarto. Importe
A dotación económica do premio é de 3.500 euros, que estará suxeita á correspondente retención fiscal e aboarase con cargo á dotación prevista na partida 05.80.122B.4800 dos orzamento da EGAP para 2016. Tamén se lle entregará á persoa ou grupo gañador un diploma acreditativo de tal condición.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre o 1 de outubro e o 30 de novembro de 2016.
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2016
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza