Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2016 Páx. 43204

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 1 de setembro de 2016, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase as persoas interesadas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia da resolución de denegación da súa solicitude de ampliación do período de subsidiación do préstamo convido por adquisición dunha vivenda protexida.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro da dita resolución deberá efectuarse ante a Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia, núm. 7, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 1 de setembro de 2016

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Interesado/a

DNI

Núm. expediente

Rey Pérez, Carolina

….348F

P-AQ-0106/10

Fernández Cejo, Santos

….364V

P-AQ-0114/08

González Rodríguez, Sonia

….650G

P-AQ-0132/08