Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 16 de setembro de 2016 Páx. 42965

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2016, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño).

Na sesión que tivo lugar o día 12 de setembro de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 19 de maio de 2016 (DOG núm. 100, do 27 de maio) para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A2, acordou:

Á vista das alegacións presentadas ás puntuacións publicadas correspondentes ao primeiro exercicio do proceso selectivo de referencia, detectouse un erro material nas ditas puntuacións.

Corrixido o erro, publícanse novamente as puntuacións obtidas no dito primeiro exercicio da oposición no lugar onde se realizou a proba, no taboleiro de anuncios do Servizo de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e no portal web corporativo
funcionpublica.xunta.gal

De acordo co disposto na base II.2.7 da orde da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coa base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2016

Paula Oliete Trillo
Presidenta do tribunal