A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución do expediente sancionador LU-00170-O-2016 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.
Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º, Santiago de Compostela.
Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2016
David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte
ANEXO
Expediente Matrícula |
Persoa sancionada DNI/CIF |
Infracción cometida Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
LU-00170-O-2016 M-3683-YC |
Miguel Ángel López Romero 00405713Q |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, sen o título habilitante. 4.11.2015; 1.31.00; N VI; 543,8 |
Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT |
801 euros |
PO-00053-O-2016 8764-JBW |
Alberto Carpana X2631323P |
O exceso igual ou superior ao 15 % e inferior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 17 %. 13.8.2015; 20.28; PO 531; 4,5 |
Artigo 141.2 LOTT |
Artigo 143.1.f) LOTT |
850 euros |
XC-00365-O-2016 2948-BGH |
Manuel Freire Seijas 33247552V |
Diminución do descanso diario reducido en máis de 1 hora (sobre 9 horas). Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas. 19.12.2015; 8.38; AC 552; 29,2 |
Artigo 141.24.4 LOTT |
Artigo 143.1.d) LOTT |
401 euros |