Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2016 Páx. 42830

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 18 de agosto de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada das instalacións do centro de xestión ambiental de Lousame, promovido por Gestora de Residuos del Noroeste, S.L. no concello de Lousame (A Coruña) (clave 2015-IPPC-I-82).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo) e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– «Proxecto básico para a solicitude da autorización ambiental integrada das instalacións do centro de xestión ambiental de Lousame, A Coruña (marzo 2016)».

– «Estudo de impacto ambiental das instalacións do centro de xestión ambiental de Lousame, A Coruña (marzo 2016)».

– «Estudo de impacto e integración paisaxística das instalacións do centro de xestión ambiental de Lousame, A Coruña (marzo 2016)».

– «Proxecto de prospección previa ao estudo de impacto sobre o patrimonio cultural das instalacións do centro de xestión ambiental de Lousame, A Coruña (marzo 2016)».

– «Proxecto construtivo dun vertedoiro de residuos non perigosos do centro de xestión ambiental de Lousame, A Coruña (marzo 2016)».

– «Proxecto de nave de valorización de residuos do centro de xestión ambiental de Lousame, A Coruña (marzo 2016)».

– «Addenda á solicitude de autorización ambiental integrada do centro de xestión ambiental de Lousame, A Coruña (xullo 2016)».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se for o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes, os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave: 2015-IPPC-I-82.

Razón social: Gestora de Residuos do Noroeste, S.L.

Enderezo da razón social: rúa de San Andrés, 143, esc. 2, 1ª planta, 15003 A Coruña (A Coruña).

Localización das instalacións: situaranse no concello de Lousame, na zona limítrofe co concello de Rois (A Coruña). Coordenadas UTM ETR89 fuso 29 (X: 516.762, Y: 4.738.996).

As actividades de xestión de residuos que se desenvolverán serán en valorización de residuos non perigosos, o almacenamento de residuos perigosos e non perigosos e o depósito en vertedoiro de residuos non perigosos. As características principais da instalación serán as seguintes:

Tipo de instalación de almacenamento: habilitaranse distintas zonas para dar soporte ao almacenamento de residuos perigosos e non perigosos xerados tanto na propia instalación como noutras.

Tipo de instalación de valorización: comporase dunha liña de elaboración de combustible derivado de residuo (CDR) e dunha liña de triaxe cunhas capacidades máximas de proceso de 6 t/h e 14 t/h, respectivamente.

Tipo de vertedoiro: vertedoiro de residuos non perigosos. Actividade: vertedura de residuos en lugares especialmente deseñados (D5). Capacidade total: 770.000 t. Cantidade anual para eliminar: 77.000 t/ano. Vida útil: 10 anos. Os lixiviados xerados no vertedoiro almacenaranse en balsas con impermeabilización de fondo e xestionaranse externamente.