Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2016 Páx. 42829

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 11 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2015-0204 e un máis.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia segundo o disposto no artigo 61.

Os actos foron adoptados pola instrutora e polo instrutor.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos; Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 11 de agosto de 2016

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2015-0204.

Interesada: Dolores Souto Costa.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: CO-RES-2016-0083.

Interesada: Nova Markenting Esp, S.L.

Acto notificado: proposta de resolución.