Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2016 Páx. 42869

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 16 de agosto do 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 201638TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

O 29 de xuño de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2016038TA-OU, a David Sánchez Silveira con DNI: 46848503-X, titular do establecemento Bar Gallery sito na rúa Alfredo Brañas, 5, baixo, Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a David Sánchez Silveira con DNI: 46848503-X, titular do establecemento Bar Gallery, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, quedando supeditada a eficacia desta notificación a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 16 de agosto de 2016

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador 2016038TA-OU.

Denunciado: David Sánchez Silveira con DNI: 46848503-X, titular do establecemento Bar Gallery.

DNI/NIF/CIF: 46848503-X.

Último enderezo coñecido: rúa Alfredo Brañas, 5, baixo, Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: grave.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601,00 €).