Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2016 Páx. 42868

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 10 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de arquivamento do expediente sancionador 2016198TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 15 de xullo de 2016, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de arquivamento do expediente sancionador 2016198TA-PO, incoado contra José Antonio Rey Piñeiro, con DNI 36109640P, como titular do establecemento Bar Maña.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non puido efectuarse, polo que mediante esta cédula se lle notifica a José Antonio Rey Piñeiro o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no edificio administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda nº 43-1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 10 de agosto de 2016

A xefa territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro)
Rosa Agrasar Muíños
Xefa do Servizo de Xestión de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2016198TA-PO.

Denunciado: José Antonio Rey Piñeiro, con DNI 36109640P.

Último enderezo coñecido: rúa Couto de San Honorato nº 4, 36204 Vigo.

Acordo: arquivamento do expediente.