Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2016 Páx. 42348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona de monte de Foxás-Bendaña (Touro-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de monte de Foxás-Bendaña (Touro-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 41/1993, do 19 de febreiro (DOG núm. 40, do 1 de marzo), o seguinte:

Primeiro. O 29 de xullo de 2016, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da devandita zona, logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo. O acordo de concentración será notificado individualmente a cada un dos afectados e estará exposto ao público no Concello de Touro e na zona. Os documentos que se poderán examinar refírense aos predios de substitución, onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros.

Terceiro. Contra o acordo os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da data de recepción da notificación persoal ou da publicación substitutiva. Os recursos poderán presentarse na Xefatura Territorial da Coruña (Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, nº 2), nas oficinas centrais da Consellería en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n) ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 8 de agosto de 2016

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña