Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2016 Páx. 42349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 31 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 30 de agosto de 2016 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 120, 121 e 126 do polígono 5, ZCP 10, do termo municipal da Pastoriza (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 30 de agosto de 2016, o cambio de actividade forestal a agrícola nas parcelas 120, 121 e 126 do polígono 5, ZCP 10, do termo municipal da Pastoriza (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 10 de xuño de 2016. Anuncio publicado no DOG núm. 137, do 20 de xullo de 2016.

Lugo, 31 de agosto de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo