Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 13 de setembro de 2016 Páx. 42235

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle para ordenación de volumes (ampliación) do CEIP As Mercedes.

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 3 de agosto de 2016, aprobou inicialmente o estudo de detalle para a ordenación de volumes (ampliación) do CEIP As Mercedes, sito entre as rúas Montirón e Novo Freire, promovido pola Consellería de Cultura, Ecuación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes durante o cal poderá ser examinado no Servizo de Urbanismo deste concello (rolda da Muralla, nº 197) e presentar as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 8 de agosto de 2016

A alcaldesa
P.D. (Decreto 16005312)
Ana Mª González Abelleira
Tenenta de alcalde delegada da Área de Goberno de Benestar Social,
Igualdade e Inclusión