Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 13 de setembro de 2016 Páx. 42234

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de nomeamento, polo sistema de libre designación, para o desempeño do posto de xefe/a do Servizo de Contabilidade e Orzamentos.

O día 19 de xullo de 2016 o alcalde presidente do Concello de Ferrol adoptou unha resolución por medio da cal se acorda nomear, polo procedemento de libre designación, a Anabel Corral Corral para o desenvolvemento do posto de xefe/a do Servizo de Contabilidade e Orzamentos.

As retribucións deste posto serán as establecidas no cadro orzamentario vixente.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 20 de xullo de 2016

Jorge Juan Suárez Fernández
Alcalde