Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 13 de setembro de 2016 Páx. 42201

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 30 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se dispón a notificación da resolución do expediente IN635C 2016/8-4.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás entidades que se relacionan no anexo a resolución do expediente sancionador por infracción en materia de industria, por non ser posible por correo certificado. Así mesmo, a eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º andar, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, os interesados/as ou os seus representantes dispoñen dun prazo dun mes para interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo competente, contados desde o día seguinte ao da publicación deste resolución no BOE.

Pontevedra, 30 de agosto de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación: IN635C 2016/8-4.

Interesado: Luis Vázquez Hernández.

CIF: 36063957A.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.