Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 12 de setembro de 2016 Páx. 39759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Padrenda (expediente IN407A 2016/221-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 32960 Velle.

Denominación: recuamento LMT saídas FRI801, FRI803, FRI804, FRI807, FRI809, FRI810 A Frieira subestación.

Situación: Padrenda.

Características técnicas:

– Instalación de SXS na LMT aérea existente no apoio metálico no nó 6.

– LMT subterránea a 20 kV de 1.010 m, con condutor RHZ1 12/20 kV-3×240 Al e con orixe na sala de celas (nova localización) e remate na galería visitable da subestación A Frieira (antiga localización).

– LMT subterránea a 20 kV de 80 m con condutor RHZ1 e con orixe na nova sala de celas e remate no punto de acceso nº 2 proxectado.

– LMT subterránea a 20 kV de 241 m con condutor RHZ1 e con orixe no punto de acceso nº 2 proxectado e remate no CS.SS.AA, CH A Frieira (32CGX4) (enlace con cela existente).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización previa e a autorización administrativa de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 22 de agosto de 2016

O xefe territorial de Ourense
P.S. (Decreto 175/2015, artigo 62.3)
Sofía Rodríguez Rodríguez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica de Ourense