Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 12 de setembro de 2016 Páx. 42040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2016 pola que se anuncia a licitación, non suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, da obra de clave AC/16/084.06 e unha máis, cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 04, prioridade de investimento 04.05, obxectivo específico 04.05.01.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 981 54 49 86.

5º. Telefax: 981 54 47 91.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http//:www.contratosdegalicia.es/ (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características). Tamén se poderán obter o prego de cláusulas administrativas, cadro de características, proxecto e soporte dixital na copistaría CopyNino, rúa dos Feáns, nº 19, e Rosalía de Castro, nº 58, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña. Teléfono:
34 981 58 89 38.

2. Obxecto de cada contrato.

a) Descrición do obxecto: itinerario peonil e ciclista na AC-133. Treito: O Ramo, p.q. 20+030-2+660, termo municipal de Fene.

Clave do expediente: AC/16/084.06 (E/046/2016).

Orzamento base de licitación: 224.554,54 euros (IVE excluído). IVE: 47.156,45 euros. Importe total: 271.710,99 euros.

Cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Obxectivo temático 04: favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores.

Prioridade de investimento 04.05: fomento de estratexias de redución do carbono para todo tipo de territorio, especialmente nas zonas urbanas, incluído o fomento da mobilidade urbana multimodal sustentable e as medidas de adaptación con efecto de mitigación.

Obxectivo específico 04.05.01: fomento da mobilidade urbana sustentable: transporte urbano limpo, transporte colectivo, conexión urbana-rural, melloras da rede viaria, transporte ciclista peonil, mobilidade eléctrica e desenvolvemento de sistemas de subministración de enerxías limpas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: segundo o disposto no punto I.1 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http//:www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=61009 (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características).

División por lotes e número: non hai.

b) Descrición do obxecto: fomento da mobilidade sustentable. MSV en itinerario peonil e ciclista na PO-308 p.q. 24+000 ao 25+200.

Clave do expediente: PO/16/033.06 (E/047/2016).

Orzamento base de licitación: 678.066,59 euros (IVE excluído). IVE: 142.393,98 euros. Importe total: 820.460,57 euros.

Cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Obxectivo temático 04: favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores.

Prioridade de investimento 04.05: fomento de estratexias de redución do carbono para todo tipo de territorio, especialmente nas zonas urbanas, incluído o fomento da mobilidade urbana multimodal sustentable e as medidas de adaptación con efecto de mitigación.

Obxectivo específico 04.05.01: fomento da mobilidade urbana sustentable: transporte urbano limpo, transporte colectivo, conexión urbana-rural, melloras da rede viaria, transporte ciclista peonil, mobilidade eléctrica e desenvolvemento de sistemas de subministración de enerxías limpas.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: segundo o disposto no punto I.1 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http//:www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=61010 (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características).

División por lotes e número: non hai.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación (sen IVE). Ver punto H do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: a exixida no punto 2 anterior.

b) A capacidade técnica segundo o especificado no parágrafo I.2 A) do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

d) Forma xurídica que deberá adoptar a agrupación de contratistas: axustarase aos requisitos previstos no artigo 59 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará o vixésimo sexto día natural, que non coincida en domingo ou festivo, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela, e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses conforme o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

7. Apertura do sobre B e do sobre C: terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/, con 2 días hábiles de antelación á realización do acto público de apertura dos sobres B e C, na sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

Se por algún motivo hai que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C, reflectirase a nova data no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

8. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 3.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo no DOG por liña é de 10,82 euros.

10. No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación, prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas