Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 12 de setembro de 2016 Páx. 42045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2016 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de administración de sistemas e consolidación do CPDI da Xunta de Galicia (expediente 66/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 66/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto da presente contratación é o servizo de soporte e administración de sistemas e consolidación en CPDI da Xunta de Galicia. O servizo incluirá as tarefas de soporte, administración, instalación, configuración, explotación, supervisión y monitorización das plataformas indicadas na epígrafe «Plataformas tecnológicas objeto del servicio» do prego de prescricións técnicas, así como tarefas de operación de sistemas 24×7.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a entrega da proposta de transición do servizo (cf. número 3.2 do PPT) será dun mes contado a partir do 1.12.2016. Se a data de formalización do contrato fose posterior a esta última, a execución da proposta de transición do servizo realizarase solapadamente coa prestación do resto de servizos obxecto do presente contrato.

O prazo para a prestación do resto de servizos obxecto do presente contrato (todos agás a proposta de transición do servizo) será de 24 meses contados a partir do 1.1.2017. Se a data de formalización do contrato fose posterior a esta última, o prazo de execución de 24 meses computarase desde a data de formalización do contrato. Antes da súa finalización, este contrato poderase prorrogar por mutuo acordo das partes por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente de 24 meses (non será prorrogable a parte da proposta de transición do servizo).

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 2.797.650,00 €, máis 587.506,50 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 3.385.156,50 € (tres millóns trescentos oitenta e cinco mil cento cincuenta e seis euros con cincuenta céntimos), que se distribúen nas seguintes anualidades:

• 2016: 450,00 € + IVE (94,50 €) = 544,50 €.

• 2017: 1.398.600,00 € + IVE (293.706,00 €) = 1.692.306,00 €.

• 2018: 1.398.600,00 € + IVE (293.706,00 €) = 1.692.306,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=62424

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia e clasificación: véxase a alínea N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 5.10.2016, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Enderezo: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na alínea K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de publicación do anuncio previo: 6.5.2016.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 6.9.2016.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia