Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2016 Páx. 39674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2016 pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada e con tramitación ordinaria, dunha subministración de equipamentos para os laboratorios de sanidade e produción animal da Comunidade Autónoma de Galicia (expediente 34/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de equipamentos para os laboratorios de sanidade e produción animal da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) División por lotes e número: si; lote 1: sistema de monitorización de temperatura e control de alarmas; lote 2: sistema de identificación bacteriana e fúnxica mediante espectrometría de masas MALDI-TOF; lote 3: equipamento de espectroscopia de emisión óptica por plasma adaptado indutivamente (ICP-OES) e lote 4: sistema de espectrometría de masas adaptado a cromatografía líquida de ultra alta eficacia tipo UPLC (LC-MS/MS).

d) Prazo de execución: o prazo de entrega para cada lote será dun mes desde a data de sinatura do contrato, agás causa de forza maior xustificada polo adxudicatario ao órgano contratante e aceptada por este; neste caso o prazo ampliarase ata os dous meses.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 38500000-0 e 38433100-0.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 562.420,46 €; IVE (21 %): 118.108,30 €; importe total: 680.528,76 € (a distribución por lotes especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 562.420,46 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas epígrafes I e J da folla de especificacións do prego.

7. Garantía exixida: definitiva: para cada lote constituirase unha garantía definitiva do 5 % do importe de adxudicación, excluído IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: edificio posterior dereito, nº 4, San Caetano, s/n, planta baixa, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 881 99 93 88 (consultas administrativas); 982 88 96 27 e 981 54 57 33 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o 27 de setembro de 2016, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=59288

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o 27 de setembro de 2016.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e poderase enviar por correo, dentro do prazo de admisión sinalado, a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura do sobre B terá lugar, en acto público, ás 13.00 horas do 5 de outubro de 2016.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/dos adxudicatario/s.

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 19 de agosto de 2016.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2016

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural