Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2016 Páx. 39695

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 30 de agosto de 2016, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a proposta da Resolución do 14 de xullo de 2016 ditada no expediente sancionador AC-02/16, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle a titular que no anexo se menciona a proposta de resolución de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar a notificación.

A interesada disporá dun prazo de quince (15) días, conforme o disposto no artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (BOE nº 159, do 9 de agosto), para formularen as alegacións e presentaren os documentos e informacións que xulgue pertinentes perante o instrutor do procedemento, lembrándolles o seu dereito a consultar o expediente, depositado nos locais da Área Provincial de Turismo da Coruña da Axencia Turismo de Galicia, sitos na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, A Coruña, en horario de atención ao público, e a obter, de ser o caso, as copias que consideren oportunas.

A Coruña, 30 de agosto de 2016

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-02/16.

Denunciada: Rebeca Mouzo Young.

DNI: 47352673-C.

Establecemento: Mil Copas.

Enderezo: O Allo, 173, A Ponte do Porto.

Localidade: Camariñas.

Precepto infrinxido: artigo 109.2, letra a), da Lei 7/2011.

Proposta de resolución: 14 de xullo de 2016.

Sanción: apercibimento.