Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39396

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2016 pola que se fai pública a declaración de deserto do concurso público para a contratación da subministración de material funxible para as escolas infantís xestionadas por este organismo.

Mediante a Resolución do 23 de agosto de 2016, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar resolveu declarar deserto o procedemento aberto publicado no DOG núm. 146, do 3 de agosto, para a contratación da subministración de material funxible para as escolas infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, ao non presentarse ningunha oferta.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da notificación desta resolución ou, potestativamente, recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta resolución.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 151.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Para máis información poderase consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, punto Perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2016

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar