Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 2 de setembro de 2016, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente por non ocupación e F.P. 6/16.

Ao non ser posible realizar a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto obxecto de notificación adoptouno o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro do acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A Coruña, 2 de setembro de 2016

Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 6/16.

Persona interesada: Patricia Alonso Cimadevila.

Acto de notificación: resolución do expediente.