Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39373

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2016 pola que se fai público o acordo de desistencia do procedemento de adxudicación de subministración, non suxeita a regulación harmonizada (expediente 2/2016/CNTSU).

Mediante o Acordo do 18 de agosto de 2016, o presidente de Portos de Galicia, sobre a a base do disposto na proposta emitida pola mesa de contratación, na súa xuntanza do 5 de agosto de 2016, e en virtude das competencias conferidas polo artigo 6.3.g) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, no artigo 9.h) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o regulamento do ente, resolveu desistir do procedemento de adxudicación do contrato licitado mediante a Resolución do 3 de maio de 2016, publicada no DOG número 91, do 13 de maio, e modificada mediante a Resolución do 27 de maio de 2016, publicada no DOG número 105, do 3 de xuño, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, da subministración, en réxime de compra, de equipamentos informáticos de usuario para os servizos centrais e periféricos (delegacións da Coruña, Lugo e Pontevedra), non suxeito a regulación harmonizada, ao abeiro do establecido na cláusula 3.9 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares que rexe a devandita contratación, sobre a base do disposto no artigo 155 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a causa dunha falta de precisión nos pregos polos cales se rexe a presente contratación, que provocaría, de continuar co procedemento de licitación nestas condicións, a posta en risco do funcionamento da plataforma de aplicacións de xestión do ente público Portos de Galicia, e que se atopa debidamente xustificada na devandita proposta de desistencia do procedemento, que se atopa publicada, xunto co acordo de desistencia, no perfil de contratante deste ente público (www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24040).

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia