Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 6 de setembro de 2016 Páx. 39293

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no polígono industrial da Grela-Bens, Fábrica de Armas da Coruña e campo de fútbol de Eirís.

O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 1 de agosto de 2016, adoptou o acordo de aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no polígono industrial da Grela-Bens, Fábrica de Armas da Coruña e campo de fútbol de Eirís, conforme o documento redactado polos servizos técnicos municipais en xullo 2016 (expediente 631/2015/99).

En cumprimento do artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente da modificación con toda a súa documentación sométese a información pública polo prazo de dous (2) meses, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que calquera interesado poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.

A consulta desta documentación pode efectuarse no Departamento de Planeamento da Área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral de luns a venres, ou na páxina web do Concello www.coruna.es/urbanismo, na epígrafe exposición pública de expedientes.

A Coruña, 19 de agosto de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Xiao Varela Gómez
Tenente de alcalde da Área de Rexeneración
Urbana e Dereito á Vivenda