Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 6 de setembro de 2016 Páx. 39291

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe do Servizo de Planeamento e Xestión do Solo.

Por resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, con data do 1 de agosto de 2016, resolveuse o seguinte:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe do Servizo de Planeamento e Xestión do Solo deste concello, aprobada por Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, con data do 11 de xaneiro de 2016 (DOG nº 67, do 8 de abril).

Segundo. Adxudicar a Juan Carlos Prado del Valle o posto de traballo de xefe do Servizo de Planeamento e Xestión do Solo, de conformidade coa relación de postos de traballo aprobada por acordo da Xunta de Goberno Local, con data do 28 de xullo de 2014, e coas características que se describen na seguinte táboa:

Apelidos e nome

CD Dpt.

Dpto.

Pto. traballo

Gr

N

Escala

Prado del Valle, Juan Carlos

UR2000

Planeam. e Xest. Solo

Xefe de servizo

A1

28

AG/AE/HN

Terceiro. O expresado nomeamento producirá efectos a partir da data de toma de posesión de posto de traballo obxecto da presente convocatoria.

O cesamento no destino actual do persoal que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando se finalicen os permisos ou licenzas, que, se é o caso, fosen concedidas ao citado persoal. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. Notifíquese a presente resolución ao interesado, ao director da área de Rexeneración Urbana e Vivenda e ao concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda.

A Coruña, 11 de agosto de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director de Economía e Facenda