Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 6 de setembro de 2016 Páx. 39245

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (PO 477/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 477/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raquel de la Fuente Castro contra a empresa Ceninteser, S.L. e o seu administrador concursal, foi ditada a seguinte resolución:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza, María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, vinte e nove de xullo de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 29.4.2013 tivo entrada neste órgano xudicial demanda presentada por Raquel de la Fuente Castro contra Ceninteser, S.L. e o seu administrador concursal, que deu lugar á incoación do procedemento ordinario 477/2013.

Segundo. A parte demandante presentou escrito desistindo da demanda e comunicouse á parte contraria, que non se opuxo á dita desistencia.

Fundamentos de dereito:

Único. Declarada polo demandante a súa vontade de abandonar o procedemento iniciado por el, e non se opondo a parte demandada á dita desistencia, procede, de conformidade co establecido no artigo 20.3 da LAC sobreser as actuacións.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo: ter por desistida a parte demandante da súa demanda e acordar o sobresemento das presentes actuacións e o arquivamento dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos deixando certificación del no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: poderase interpor recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (artigo 188.2 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 do Banco Santander, S.A., indicando no campo concepto “recurso” seguido do código “31 Social-Revisión”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo a indicación “recurso” seguida do “código 31 Social-Revisión”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impungada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ceninteser, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza