De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, a resolución do expediente PSC-CO-0190/2016-PPM e tres máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro recurso que consideren pertinente.
A Coruña, 23 de agosto de 2016
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-CO-0190/2016-PPM.
Persoa interesada: José Verdes Suárez.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: Oleoducto, 8, 4º A, A Coruña.
Expediente: PSC-CO-0478/2015-PPM.
Persoa interesada: Iván Carreño Otero.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: Luis Cadarso, 9, Noia.
Expediente: PSC-RI-0535/2015-PPM.
Persoa interesada: José Antonio Dubra Collazo.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: Crocha de Levante, 41, A Pobra do Caramiñal.
Expediente: PSC-RI-0533/2015-PPM.
Persoa interesada: Francisco Domínguez Castro.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: San, 72, Abanqueiro, Boiro.