Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 6 de setembro de 2016 Páx. 39278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican uns emprazamentos como consecuencia dun recurso contencioso-administrativo interposto contra o acordo de concentración parcelaria de Vilar-Touro (A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemeno Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2016

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesado

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

Manuel Fernández Casal

Emprazamento recurso contencioso-administrativo

Vilar-Touro (A Coruña)

José Manuel Fernández Raviña

Emprazamento recurso contencioso-administrativo

Vilar-Touro (A Coruña)