Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 6 de setembro de 2016 Páx. 39234

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa o procedemento para incluír a eira e o conxunto de hórreos de Mundín, na parroquia de Garabás, no termo municipal de Maside (Ourense), no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia como lugar de valor etnolóxico.

Resolución do 24 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa o procedemento para incluír a eira e o conxunto de hórreos de Mundín, na parroquia de Garabás, no termo municipal de Maside (Ourense), no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia como lugar de valor etnolóxico.

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, como consecuencia dunha serie de procedementos de carácter administrativo e xudicial relacionados cunha intervención no ámbito, e en virtude dun auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 26 de xullo de 2013, deu trámite ás actuacións necesarias para a determinación do valor e o grao de protección que correspondían coa eira e o conxunto de hórreos de Mundín, na parroquia de San Pedro de Garabás, do concello de Maside.

A Comunidade Autónoma de Galicia, ao amparo do artigo 149.1.28 da Constitución e segundo o teor do disposto no artigo 27 do Estatuto de autonomía, asumiu a competencia exclusiva en materia de patrimonio cultural. En exercicio desta, apróbase a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e posteriormente, a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. O expediente iníciase estando en vigor a primeira delas, que dispón no seu artigo 24, no marco da súa protección xeral, unha clasificación en bens declarados, catalogados e inventariados.

Nun primeiro momento analizouse a potencial consideración como ben declarado de interese cultural mais, vistos os informes dos servizos técnicos e da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico de Ourense do 27 de setembro de 2013, o 15 de maio de 2014 a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural resolveu non incoar o procedemento de declaración como ben de interese cultural ao non acreditarse un valor sobranceiro no conxunto do patrimonio cultural de Galicia de carácter etnográfico.

O 23 de febreiro de 2015 tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia un escrito dun particular en que, despois do trámite antedito, solicitaba para a eira empedrada e os seis hórreos sitos no lugar de Mundín a consideración como elementos catalogados ou inventariados do patrimonio etnográfico galego. Á vista de toda a información dispoñible e concluíndo que o conxunto de hórreos podería ter valores suficientes para evitar a súa desaparición, solicitouse un novo informe técnico desde a perspectiva da súa protección como bens inventariados.

O 4 de maio de 2015 recíbese o devandito informe, no cal se identifica e xustifica o réxime de protección dos bens relacionados coa eira de hórreos de Mundín, en relación coa súa inclusión no Inventario xeral de patrimonio cultural de Galicia.

Coa entrada en vigor da Lei 5/2016, do 4 de maio, desaparece a figura de inventario, mais segundo o que establece a disposición adicional segunda (Catálogo do patrimonio cultural de Galicia): «Desaparece o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia. Todos os bens que figuren no Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia no momento da entrada en vigor desta lei, agás os que teñan a consideración de bens de interese cultural, incorporaranse ao Catálogo e pasarán a ter a consideración de bens catalogados, quedando sometidos ao mesmo réxime xurídico de protección aplicable a estes». Tomando en consideración que o nivel de ben catalogado da nova lexislación integra o nivel de inventariado da anterior, e o que establece a disposición transitoria primeira (expedientes de declaración de interese cultural e de inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia iniciados): «A tramitación e os efectos dos procedementos de declaración de bens de interese cultural ou de inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia incoados con anterioridade á entrada en vigor desta lei quedarán sometidos ao disposto por esta”, séguese coa tramitación co obxecto da súa catalogación, co impulso de todos os procedementos e informes previos incorporados a este trámite.

Segundo o que dispón o artigo 10.1 da devandita Lei 5/2016, do 4 de maio, proponse a categoría de lugar de valor etnolóxico, por permaneceren testemuños relevantes e recoñecibles de actividades e construcións vinculadas ás formas de vida e cultura tradicional do pobo galego que resultan de interese etnolóxico e antropolóxico.

Á vista do exposto, vistos os informes técnicos e o acordo da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico de Ourense, no exercicio da competencia que me atribúe o artigo 13 do Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e en virtude do disposto no artigo 26 da Lei 5/2016, do 4 de maio,

RESOLVO:

Primeiro. Incoar o procedemento para incluír no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia, como ben inmoble coa categoría de lugar de valor etnolóxico, a eira e o conxunto de hórreos de Mundín, na parroquia de San Pedro de Garabás, no termo municipal de Maside (Ourense), consonte a descrición que figura no anexo I e a delimitación e contorno de protección recollidos nos anexos II e III.

Segundo. Abrir un período de información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que calquera persoa física ou xurídica poida achegar as alegacións e informacións que ache oportunas. O expediente poderá examinarse na Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural (Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 2º andar, de Santiago de Compostela).

Terceiro. Ordenar a anotación preventiva do ben no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia.

Cuarto. Acordar a aplicación provisional ata a resolución do procedemento, do réxime de protección que establecen os títulos II e IV da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, para os lugares de valor etnolóxico catalogados, polo que calquera intervención no inmoble ou que afecte o seu contorno de protección nos termos previstos no artigo 45 precisará da autorización previa da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2016

Mª Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO I
Descrición

A eira de hórreos en Mundín, parroquia de San Pedro de Garabás, concello de Maside (Ourense) considérase formada polos seguintes elementos:

• Eira de mallar pavimentada: espazo pavimentado con lousas de granito de bo tamaño, situada ao norte do conxunto dos seis hórreos, que se axusta nas súas características á definición de eira recollida no dicionario galego-castelán de Leandro Carré Aldao (1928-1931): «Terreno calzado o empedrado donde se trillan los cereales». No seu estado actual de conservación está alterada e desvinculada do conxunto por mor de anteriores intervencións e conserva moi parcialmente o pavimento de lousas con cintados e completada a superficie con novos pavimentos.

• Seis hórreos, todos eles do tipo «piorno, con cámara de madeira de doelas verticais apoiada sobre trabes de madeira ensambladas colocadas sobre pés de pedra con tornarratos a modo de mesas transversais e cuberta a dúas augas con grandes beirís acabada con tella cerámica curva sobre entaboado e estrutura de madeira. As posicións e orientacións dos hórreos do conxunto son variadas e non seguen unha orientación homoxénea: dous deles teñen practicamente orientación norte-sur mentres que o resto están orientados leste-oeste. Todos eles se agrupan deixando un espazo central na zona suroeste, a máis próxima á zona central do núcleo.

Hórreo número 1

missing image file

Hórreo situado no extremo sueste do conxunto, separado do resto por un camiño de uso público.

Tipoloxía: hórreo tipo «piorno» con cámara de madeira sobre seis pés de pedra e tres tornarratos dispostos a modo de mesas transversais. A cuberta de tella cerámica plana con grandes beirís nas catro fachadas.

Estado de conservación: regular. Elementos de pedra (pés e tornarratos) en bo estado. Cámara de madeira deteriorada. Mantén a verticalidade coa axuda dun puntal de madeira. Aparenta estar en uso.

Orientación: leste-oeste.

Hórreo número 2

missing image file

Hórreo situado no extremo sueste do conxunto, dentro do espazo común.

Tipoloxía: hórreo tipo «piorno» con cámara de madeira sobre catro pés de pedra e os correspondentes tornarratos. A cuberta de tella cerámica curva con grandes voos nas catro fachadas.

Estado de conservación: regular. Elementos de pedra (pés e tornarratos) en bo estado. Cámara de madeira deteriorada. Mantén a verticalidade coa axuda de dous puntais de madeira.

Orientación: leste-oeste.

Hórreo número 3

missing image file

Hórreo situado na zona central do conxunto, dentro do espazo común.

Tipoloxía: hórreo tipo «piorno» con cámara de madeira sobre catro pés de pedra e os correspondentes tornarratos. A cuberta de tella cerámica curva con grandes beirís nas catro fachadas.

Estado de conservación: malo. Elementos de pedra (pés e tornarratos) en bo estado. Cámara de madeira moi deteriorada. Non mantén a verticalidade e mantense en pé coa axuda de numerosos puntais de madeira.

Orientación: leste-oeste.

Hórreo número 4

missing image file

Hórreo situado na zona central do conxunto, no lado norte próximo ao hórreo número cinco.

Tipoloxía: hórreo tipo «piorno» con cámara de madeira sobre seis pés de pedra e seis tornarratos. A cuberta de tella cerámica curva con grandes voos nas catro fachadas.

Estado de conservación: bo. Elementos de pedra (pés e tornarratos) en bo estado. Cámara de madeira deteriorada. Mantén a verticalidade.

Orientación: norte-sur.

Hórreo número 5

missing image file

Hórreo situado na zona central do conxunto, no lado norte próximo ao hórreo número catro.

Tipoloxía: hórreo tipo «piorno» con cámara de madeira sobre seis pés de pedra e dous tornarratos dispostos a modo de mesas transversais. A cuberta de tella cerámica plana con grandes beirís nas catro fachadas.

Estado de conservación: bo, con algunha alteración do estado orixinario. Elementos de pedra (pés e tornarratos) en bo estado a liña sur, mentres que a liña norte está afectada por unha estrutura descontextualizada. Cámara de madeira rehabilitada. Mantén a verticalidade.

Orientación: norte-sur.

Hórreo número 6

missing image file

Hórreo situado na zona norte do conxunto, próximo á zona pavimentada.

Tipoloxía: non se pode determinar o tipo xa que unicamente se conservan os pés de pedra e parte das trabes de madeira.

Estado de conservación: só conserva a base de pedra.

Orientación: leste-oeste.

ANEXO II
Contorno de protección

A eira de hórreos de Mundín corresponde coa parcela 1219 do polígono 6 do lugar de Maside, cunha superficie aproximada duns 570 m2, con referencia catastral 32046A006012190000GJ. Os hórreos 2 a 6 atópanse no interior deste eira pública, mentres que o hórreo 1 está localizado cara ao sueste da parcela, no espazo público.

O contorno de protección deste conxunto está conformado polos predios, ediificacións e espazos que rodean este ámbito e desde os cales resultan visibles. Dada a natureza compacta do conxunto, estímase conveniente un contorno limitado aos que resultan estremeiros e inmediatos ao espazo da eira e os camiños públicos que o rodean.

No contorno de protección están incluídas as seguintes parcelas do polígono 6 en Mundín, Garabás, Maside (Ourense): 019, 021, 022, 023, 031, 032, 037, 040, 042, 045, 123, 1133, 1140, 1141, 1142, 1143, 1144, 1240, 1241, 1242, 1244, 1245, 1246, 1247, 1248, 1249 e 1279.

O contorno comeza no cruzamento entre a estrada provincial OU-0405 e a estrada municipal de Mundín, punto A, e descende cara ao suroeste ata o vértice suroeste da parcela 123 do polígono seis, punto B, ata o vértice sueste, punto C da mesma parcela. A liña segue o trazado cara ao vértice noroeste da parcela 1133, punto D, e bordea esta e a 1248 polo sur e leste ata o punto E, no estremo sur da parcela 1240. O contorno bordea esta parcela polo linde leste e os mesmos lindes das parcelas 040, 042, 045 ata o punto F na estrema da 045. Desde aquí polos lindes sur da parcela 045 e 1279 ata o punto G. O contorno segue polos lindes leste das parcelas 1279, 1242 e 037 ata o encontro co camiño público no punto H, no cal a liña vira cara ao oeste para encontrar un punto I no vértice sur da parcela 1243. Desde aquí ao punto L no vértice norte da parcela 032, lindeira coa 1243, e segue ata o punto M polas lindes nordeste das parcelas 031, 1245, 1246, 1142, 1143 e 1144. Desde aquí vira o contorno cara ao suroeste no vértice da parcela 1144 coa 1141 no punto N, que segue polo linde nordeste das parcelas 1141 e 1140 ata o Ñ. Une este punto co O no vértice oeste da parcela 1140, onde o contorno se pecha uníndose ao punto A de orixe.

Para localizar os elementos emprégase o sistema de coordenadas UTM ETRS89 FUSO 29 coa seguinte distribución:

Elemento

Coordenadas UTM ETRS89 FUSO 29

X

Y

Eira e conxunto de hórreos 2 a 6

a

580108

4698060

b

580100

4698052

c

580125

4698019

d

580138

4698027

Hórreos

Hórreo 1

580143

4698023

Hórreo 2

580136

4698027

Hórreo 3

580130

4698032

Hórreo 4

580124

4698035

Hórreo 5

580125

4698039

Hórreo 6

580118

4698039

ANEXO III
Plano de identificación e delimitación

1. Identificación.

missing image file

2. Contorno.

missing image file