Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 2 de setembro de 2016 Páx. 39072

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de licitación do contrato de obras de mellora da rede de sumidoiros no río dos Gafos.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Rúa Michelena, núm. 30, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: obras de mellora da rede de sumidoiros no río dos Gafos.

3. Procedemento e forma: aberto con criterios de dous tipos.

4. Valor estimado: 930.722,71 €, IVE excluído.

5. Clasificación contractual: preceptiva. Grupo E, subgrupo 1, categoría 4.

6. Garantía provisional: non se precisa. Garantía definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato.

7. Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación, Concello de Pontevedra. Michelena, 30, 36071 Pontevedra. Teléfono: 986 80 43 29. Fax: 886 21 28 43. www.pontevedra.gal

8. Presentación de ofertas: cláusulas 6 e 7 e anexo ao prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Criterios de adxudicación e apertura de ofertas: segundo se especifica nos pregos.

• Cuantificable por xuízo de valor: programa de obra.

• Avaliables automaticamente: prezo e melloras segundo o especificado no PCAP.

Pontevedra, 8 de agosto de 2016

O alcalde
P.D. (Resolución do 13.6.2015)
Raimundo González Carballo
Concelleiro da Área de Contratación e Facenda