Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 2 de setembro de 2016 Páx. 39073

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Catedral de Santiago de Compostela

ANUNCIO do concurso de méritos para a selección de arquitectos para interviren na redacción de proxectos de restauración e rehabilitación na Catedral de Santiago de Compostela.

Obxecto do concurso: seleccionar seis equipos de profesionais para prestaren asistencia técnica en traballos de redacción de proxectos e dirección de obras de restauración e rehabilitación na Catedral de Santiago de Compostela, atendendo aos criterios establecidos polo plan director e coa codirección da Casa da Fábrica da Catedral.

Orzamento base de licitación do total de honorarios por redaccións de proxectos básicos e de execución (PBE) e direccións de obras: 340.109,00 € (IVE non incluído).

Desagregación dos honorarios nos diferentes proxectos obxecto do concurso:

1. Restauración das cubertas do templo: nave principal e cruceiro. Honorarios base de licitación: 80.240,00 € (IVE non incluído).

2. Restauración da capela do Cristo de Burgos e fachada ao patio de Xelmírez. Honorarios base de licitación: 51.062,00 € (IVE non incluído).

3. Reforma das cubertas da ala norte do claustro. Honorarios base de licitación: 31.914,00 € (IVE non incluído).

4. Restauracións nas fachadas sur e oriental do claustro e do esconce da Torre do Tesouro e reforma da cuberta da ala oriental do claustro. Honorarios base de licitación: 69.298,00 € (IVE non incluído).

5. Restauración de paramentos das naves e as súas bóvedas. Honorarios base de licitación: 87.535,00 € (IVE non incluído).

6. Restauración da Torre da Vela. Honorarios base de licitación: 20.060,00 € (IVE non incluído).

Procedemento do concurso: aberto en dúas fases.

Prazo de execución: o concurso e a redacción de proxectos desenvolveranse de acordo coas fases e co calendario establecido no prego das bases.

Requisitos específicos dos licitadores: os requisitos de capacidade e solvencia serán os establecidos no prego das bases.

Entidade contratante: Fundación Catedral de Santiago de Compostela

O prego das bases que rexen o concurso poderase recoller na sede da Fundación Catedral de Santiago de Compostela, Rúa do Vilar, 1-1º, Santiago de Compostela (teléfono: 981 56 93 27) ou no enderezo da internet: www.catedraldesantiago.es/contratación. O prazo de presentación das propostas será de vinte días naturais desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2016

Daniel C. Lorenzo Santos
Director da Fundación Catedral de Santiago de Compostela