Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 1 de setembro de 2016 Páx. 38853

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se recoñece a Escola Náutica Breogán como escola de navegación de lecer (Enal básica).

Antecedentes:

A Escola Náutica Breogán solicitou o recoñecemento como escola de navegación de lecer (Enal Básica).

Consideracións legais e técnicas:

1. Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar (DOG núm. 221, do 19 de novembro).

2. Real decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de lecer (BOE núm. 247, do 11 de outubro).

3. Orde do 31 de xullo de 1998 pola que se regulamenta a normativa para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 164, do 25 de agosto).

4. O Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-Pesqueiras analizou a documentación e realizou as correspondentes inspeccións.

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro é a competente para resolver o expediente.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVE:

Recoñecer a Escola Náutica Breogán como escola de navegación de lecer (Enal Básica), e segundo o artigo 7 da citada orde, terá a consideración de centro colaborador da Administración nos temas que lle son propios.

Así mesmo, procédese á inscrición no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro a:

Náutica Breogán, con sede das instalacións na rúa Falperra, núm. 55, baixo, 15007 A Coruña, e inscrita co núm. de rexistro XGEN048.

A inscrición no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer ten como finalidade a anotación, seguimento, control e inspección da escola recoñecida. Terá unha vixencia de cinco (5) anos, que se contarán a partir do día seguinte á publicación no DOG desta resolución, e deberá solicitar a súa renovación transcorrido ese prazo.

A escola inscrita está obrigada a comunicarlle ao rexistro calquera cambio que modifique as condicións en que foi recoñecida, así como a substitución do instrutor ou o cambio da embarcación de prácticas.

Así mesmo, a escola poderá perder o seu recoñecemento e ser anulada a súa inscrición no rexistro por non renovar o recoñecemento, por incumprimento das súas obrigas ou por cesamento da actividade por máis de tres (3) anos. A resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2016

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro