Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 1 de setembro de 2016 Páx. 38859

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 19 de agosto de 2016, da Delegación de Lugo, polo que se comunica a realización da poxa pública de bens/dereitos.

O día 22 de setembro de 2016, ás 10.00 horas, na sala de xuntas do edificio administrativo da Xunta de Lugo, (sito na rolda da Muralla, 70) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a continuación:

Lote

Descripción

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

Lote 1.Único

Predio 36.473. Tomo 1550. Libro 1111. Folio 214. Urbano. Piso baixo centro destinado a vivenda con acceso polo portal da r/ Cruzamento, 7 e fachada principal á r/ Calzada Romana, á que é segunda planta. Ten unha superficie de corenta e sete metros cadrados, así como, unha terraza de dous metros e cincuenta decímetros cadrados. Ref. catastral: 7226201 PH 1672 N 0085 MA. Titularidade: Sonia Rodríguez Branco, 100 % pleno dominio con carácter privativo, por título de compra.

21.600,96 €

17.734,39 €

3.866,57 €

200,00 €

Lote 2.Único

Predio 8643. Tomo 1075. Libro 77. Folio 39. Urbano. Terreo, «Tenza do Salete», en San Martín de Guillar, municipio de Outeiro de Rei, que ocupa a superficie de cincocentos corenta e cinco metros e setenta e sete decímetros cadrados. Sobre este predio existe unha vivenda unifamiliar en construción coa superficie construída de douscentos oito metros e oitenta decímetros cadrados. Ref. catastral 3383313PH1638S0001XX. Titularidade: Nfum Gloria Bill Mesa, 100 % do pleno dominio con carácter ganancial por título de compravenda.

188.343,96 €

141.379,77 €

46.964,19 €

400,00 €

Lote 3.Único

Predio 68.230. Tomo 1682. Libro 1243. Folio 32. Rústico. «Carreiras», destinado a matogueira e sita en San Juan de Pena, municipio de Lugo. Ocupa a superficie de quince áreas e cincuenta centiáreas. Ref. catastral 27900A53400107000WT. Titularidade: José Antonio Castañal Fernández, pleno dominio por título de adxudicación.

2.497,97 €

Sen cargas

2.497,97 €

100,00 €

Lote 4.Único

Predio 3502. Tomo 1034. Libro 80. Folio 157. Rústico. Predio coñecido como Chousa Grande sito no lugar As Lombas no municipio de Castro de Rei. Ten unha superficie de dezanove hectáreas, vinte áreas e catorce centiáreas. Ref. catastral 27010A197000030000QL. Titularidade: Invesiones Reunidos Ganderas, S.A., 100 % pleno dominio, por título de compravenda.

97.360,00 €

Sen cargas

97.360,00 €

600,00 €

Lote 5.Único

Dereitos hereditarios que a debedora Idalia Pérez Vilasuso lle poidan corresponder sobre a herdanza de Faustino Lamelas Santaballa, falecido o 26 de marzo de 2013. Sendo declarados herdeiros; Idalia Pérez Vilasuso según testamento aberto con número de protocolo 42 do 16 de xaneiro de 2013 do notario Miguel A. Hortigüela Esturillo.

409.993,70

Sen cargas

409.993,70

1.000,00 €

Lote 6.Único

Dereitos hereditarios que ao debedor Luis Carlos Zapata Figueiras lle poidan corresponder sobre a herdanza de Manuel Nilo Zapata Figueiras, falecido o 16 de outubro de 2011, falecendo sen testamento. Sendo declarado herdeiro; Luis Carlos Zapata Figueiras. Segundo liquidación de sucesións núm. 650725397933 da delegación da Atriga de Ourense exp. 636 do ano 2012.

529.887,69

Sen cargas

529.887,69

1.000,00 €

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están á disposición dos interesados na Zona de Recadación de Lugo, rúa Conde, 30, baixo, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento nos que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscribibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que, de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o que se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos nos que sexa preciso, haberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) Obriga de constituír ante a mesa da poxa, con anterioridade á súa celebración, un depósito do 20 % do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades nas que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Neste caso a mesa de poxa substituirá os licitadores, puxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Logo da celebración da primeira licitación, a mesa poderá acordar a celebración dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación e de quedaren bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa da poxa.

A mesa da poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte ao do seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se alguhna delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

Lugo, 19 de agosto de 2016

Gonzalo Vázquez Rivas
Delegado de Lugo