Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 1 de setembro de 2016 Páx. 38865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de transporte e repartición de comidas e ceas para os centros dependentes desta xerencia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: AB-EIC1-16-002.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de transporte e repartición de comidas e ceas para os centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) Lotes: lote único.

d) CPA (referencia de nomenclatura): 49.41.19.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 60100000-9.

f) Acordo marco (se procede): non.

g) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

h) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE, plataforma de contratación pública de Galicia e perfil do contratante.

i) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE (22.1.2016), DOG (29.1.2016), BOE (9.2.2016) e plataforma de contratación pública de Galicia e perfil do contratante (25.1.2016).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto (suxeito a regulación harmonizada).

4. Valor estimado do contrato:

Valor estimado do contrato sen IVE: 330.150,24 € (trescentos trinta mil cento cincuenta euros e vinte e catro céntimos).

5. Orzamento base de licitación:

Orzamento sen IVE: 110.050,08 € (cento dez mil cincuenta euros e oito céntimos).

Orzamento con IVE: 133.160,60 € (cento trinta e tres mil cento sesenta euros e sesenta céntimos).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 31.5.2016.

b) Data de formalización do contrato: 22.6.2016.

c) Contratista: Amilaxa Servicios Generales, S.L. (B70311311).

d) Importe de adxudicación:

Importe sen IVE: 97.171,94 € (noventa e sete mil cento setenta e un euros e noventa e catro céntimos).

Importe con IVE: 117.578,05 € (cento dezasete mil cincocentos setenta e oito euros e cinco céntimos).

A Coruña, 22 de xullo de 2016

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña