Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 1 de setembro de 2016 Páx. 38867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a licitación da contratación da subministración dunha torre de endoscopia cirúrxica para os servizos de Xinecoloxía e Cirurxía Pediátrica do Hospital Teresa Herrera.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

2º. Domicilio: Paseo do Xeneral Sir John Moore, 2-1º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 17 80 00 (extensión 29 21 34) e información de índole administrativa: 981 17 80 73 e 981 17 80 34.

5º. Telefax: 981 17 80 32.

6º. Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata o último día de presentación de ofertas.

d) Número do expediente: AB-EIC1-16-020.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: contratación da subministración dunha torre de endoscopia cirúrxica para os servizos de Xinecoloxía e Cirurxía Pediátrica do Hospital Teresa Herrera.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugar de execución: Hospital Universitario A Coruña.

e) Prazo de execución/entrega: desde a formalización ata o 31 de decembro de 2016.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 33168000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 6.5.1.).

4. Valor estimado do contrato:

a) 57.851,24 € (cincuenta e sete mil oitocentos cincuenta e un euros e vinte e catro céntimos).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 57.851,24 € (cincuenta e sete mil oitocentos cincuenta e un euros e vinte e catro céntimos).

b) Importe total: 70.000 € (setenta mil euros).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: si. Equivalente ao 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non requirida.

b) Solvencia:

Solvencia económica e financeira: deberase xustificar segundo o sinalado no punto 6.6.2.d) do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberase xustificar segundo o sinalado no punto 6.6.2.e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas o de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: as proposicións deberánse presentar antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou envialas por correo, dentro do prazo sinalado.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición sexa enviada por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos ou anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mencionada mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 17 80 32.

c) Lugar de presentación: A Coruña.

1º. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Hospital Abente y Lago.

2º. Domicilio: Paseo do Xeneral Sir John Moore, nº 2-2º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o previsto no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Hospital Abente y Lago.

b) Enderezo: salas de reunións do Hospital Abente y Lago, Paseo do Xeneral Sir John Moore, nº 2.

b) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

c) Data e hora: as datas de realización de apertura do sobre B, relativo a criterios non avaliables de forma automática, e a do sobre C, relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 2 de agosto de 2016

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña