Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 31 de agosto de 2016 Páx. 38658

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2016/1141-1).

Expediente: IN407A 2016/1141-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT GRN-738, rúa Pasteur, polígono da Grela.

Concello: A Coruña.

Características técnicas:

Desmantelamento tramo liña de media tensión GRN-738 a 15 kV, cunha lonxitude de 335 m, coa orixe no apoio nº 6 existente da LMT GRN-738, no tramo entre o CT Gutemberg, nº 2 (expediente 18/94) e a derivada ao CT rúa Pasteur-Opel (expediente 52798), condutor tipo LA-110 mm2 (a retirar) e final no CT Solórzano-Bens (expediente 30754).

Liña de media tensión subterránea a 15 kV cunha lonxitude de 385 m, coa orixe no paso aéreo a subterráneo que se vai realizar en apoio de celosía nº 6 existente da LMT GRN-738, no tramo entre a derivada ao CT Gutemberg 2 (expediente 18/94) e a derivada ao CT rúa Pasteur-Opel (expediente 52798), condutor tipo RHZ1.2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en cela de liña existente no CT Solórzano-Bens (expediente 30754), despois de realizar entrada e saída no CT rúa Pasteur-Opel (expediente 52798) a reformar e no CS Ipasa Bens (proxectado).

Reforma centro de transformación rúa Pasteur-Opel (expediente 52798), coa instalación dun novo conxunto de celas modulares 2L + 1P con corte en SF6, que substituirán o conxunto de celas actuais.

Novo centro de seccionamento Ipasa-Bens, tipo 3L prefabricado compacto manobra exterior.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 2 de agosto de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña