Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 31 de agosto de 2016 Páx. 38660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Arteixo e da Coruña (expediente IN407A 2016/1142-1).

Expediente: IN407A 2016/1142-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT GRN –706 polígono industrial A Artística– Meicende.

Concello: Arteixo e da Coruña.

Características técnicas:

Tramo liña media tensión GRN-706 a 15 kV, cunha lonxitude de 86 m, coa orixe no apoio nº 23 existente da LMT GRN-706, no tramo entre a derivada ao CT depuradora Meicende (15PBD1) e a derivada ao CT Plásticos Barcia (15PBH4), condutor tipo LA-56 mm2 e final no apoio nº 23-1 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-706, onde se realiza a derivación ao CT campo de fútbol Meicende (15PDW2).

Liña de media tensión subterránea a 15 kV de 826 m de lonxitude, coa orixe no paso de aéreo a subterráneo que se vai realizar no apoio existente nº 24 da LMT GRN-706, no tramo entre a derivada ao CT campo de fútbol de Meicende (15CPW2) e a derivada ao CT Plásticos Barcia (15PBH4), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en cela de liña existente no CT Icona Meicende (expediente 220/2012), despois de realizar entrada e saída no CT Míguez de la Iglesia (expediente 52474).

Reforma do centro de transformación prefabricado Míguez de la Iglesia (expediente 52474), cunha potencia de 400 kVA no cal se instalarán un conxunto de celas modulares 2L+1P, en lugar do conxunto actual 1L+1P.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 2 de agosto de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña