Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e logo de intentar a notificación ao interesado que se indica a continuación sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que resolvo publicar por este medio que se ditou o 2 de agosto de 2016 acordo de exclusión das bolsas de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza (expediente OU-136/2016). A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).
O expediente relacionado atópase á disposición do interesado para que, de ser o caso, poida consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 1ª, 32004 Ourense.
O que se notifica de acordo coa normativa indicada.
Ourense, 2 de agosto de 2016
Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Nº expediente |
Interesada |
NIE |
OU-136/2016 |
Marina Carrascosa Martínez D.S.V. |
15797868L |