Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 30 de agosto de 2016 Páx. 38519

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barbadás

ANUNCIO relativo á contratación do servizo de limpeza de edificios municipais.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Barbadás.

2. Obxecto do contrato: contratación do servizo de limpeza de edificios municipais, segundo o prego de cláusulas administrativas e o prego de prescricións técnicas, durante o prazo de tres anos.

3. Tramitación ordinaria e procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación: 159.157,02 €/ano. IVE: 33.422,98 €/ano.

5. Garantía provisional: non existe.

6. Garantía definitiva: 5 % (IVE excluído) do prezo de adxudicación.

7. Obtención de información: Concello de Barbadás. Cimadevila, 1, 32890 Barbadás. Teléfono: 988 36 00 00, fax: 988 36 04 01. Departamento de Secretaría. Perfil do contratante da páxina web do Concello.

8. Presentación das ofertas: a presentación da documentación e das proposicións realizarase no Rexistro Xeral do Concello ata o día 22 de setembro de 2016, ás 14.30 horas.

9. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

10. Páxina web: www.concellodebarbadas.es (perfil do contratante).

Barbadás, 1 de agosto de 2016

Xosé Carlos Valcárcel Doval
Alcalde