Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 30 de agosto de 2016 Páx. 38520

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 265/2016 G-OTM).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 1 de agosto de 2016, acordou aprobar inicialmente o estudo de detalle para completar e reaxustar a rasante da rúa Esquío (Carballo), promovido pola entidade mercantil Logística San Juan, S.L. e redactado polo arquitecto Alfonso Suárez Alvite (Col. 2824 COAG).

Conforme o disposto no artigo 47 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e no 121 do Regulamento de planeamento urbanístico, coa aprobación inicial suspéndese o outorgamento de licenzas de edificación e establécese como área afectada pola suspensión a configurada polos inmobles con fronte á rúa Esquío. A suspensión extinguirase coa aprobación definitiva do estudo de detalle e terá unha duración máxima de dous anos contados desde a aprobación inicial.

O que se somete a información pública polo prazo dun (1) mes en cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, co fin de que as persoas que se consideren afectadas poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que consideren oportunas.

Carballo, 4 de agosto de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto Alcaldía 1875/2016, do 13 de xullo)
Mª Belén Lendoiro Esmorís
Tenente de alcalde