Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 30 de agosto de 2016 Páx. 38477

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 3 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, de notificación do inicio do trámite de audiencia duns procedementos tramitados por esta xefatura (expediente 2006/38/27 e dous máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles o inicio do trámite de audiencia ás persoas interesadas que se indican a continuación, nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto no artigo 172.4 do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

Os expedientes están á disposición das persoas interesadas no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social; rolda da Muralla, 70, baixo, onde, no prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro do mencionado acto, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se terá por realizado o dito trámite.

Lugo, 3 de agosto de 2016

O xefe territorial de Lugo
P.D. (Artigo 4.3 da Orde do 3 marzo de 2016)
Vicente Correa Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa de Lugo

ANEXO

Interesado

Núm. expediente

Enderezo

Asunto

Fernando Manuel Gomes da Silva

2006/38/27

Descoñecido

Inicio do trámite de audiencia

José dos Santos Fonseca

2005/62/27

Descoñecido

Inicio do trámite de audiencia

2005/61/27