Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 30 de agosto de 2016 Páx. 38465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación para a contratación da xestión e explotación do servizo de cafetaría no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na Coruña e da instalación e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e de produtos sólidos (vending) neste edificio administrativo, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria, documentalmente simplificada e contrato administrativo especial.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, bloque nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 42 85 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 54 45 48.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correo electrónico:

natalia.lobato.mosquera@xunta.es

manuel.perez.gonzalez@xunta.es

emilio.jose.iglesia.lema@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=55338

8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: 2016-SECON 03-PL.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición: xestión e explotación do servizo de cafetaría no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na Coruña e instalación e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e de produtos sólidos (vending) neste edificio administrativo

c) División por lotes e número de lotes: non leva lotes.

d) Lugar de execución: sede dos edificios administrativos da Xunta de Galicia na Coruña.

e) Prazo de execución: catro anos contados desde o día seguinte ao da data da sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: si, por dous anos máis como máximo.

g) CPV: 55322000-3, 55330000-2 e 55400000-4.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na alínea J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Canon mínimo de licitación:

Anualidade

Canon cafetaría

Canon vending

Total canon

2016

327,50 €

0,00 €

327,50 €

2017

1.310,00 €

488,75 €

1.798,75 €

2018

1.310,00 €

690,00 €

2.000,00 €

2019

1.310,00 €

690,00 €

2.000,00 €

2020

982,50 €

517,50 €

1.500,00 €

Total

5.240,00 €

2.386,25 €

7.626,25 €

Canon total dos catro anos de vixencia do contrato: 7.626,25 €.

5. Garantías exixidas:

Provisional: non se require.

Definitiva: o importe equivalente ao 5 % do total do canon ofertado polo adxudicatario para os catro anos de vixencia do contrato.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe clasificación.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na alínea F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na alínea G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contado desde a data de apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: o primeiro acto público, apertura do sobre B, «Documentación relativa aos criterios non avaliables de xeito automático», terá lugar ás 12.00 horas, o décimo día natural seguinte ao da data de finalización do prazo de presentación de proposicións que, de coincidir en sábado ou inhábil, se trasladará ao primeiro día hábil seguinte. O lugar, día e hora do segundo acto público, «Lectura da avaliación do sobre B», e de apertura do sobre C, «Documentación relativa aos criterios avaliables mediante fórmulas», indicarase oportunamente no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza