Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 26 de agosto de 2016 Páx. 38074

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 819/2015).

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 819/2015 desta sección, seguido por instancia de José Antonio Iglesias Loureiro contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Gestión Integral Turística Félix Álvarez, S.L., Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, sobre accidente, ditouse o 28.7.2016 a seguinte resolución:

O anterior escrito presentado o 27.7.2016 subscrito polo letrado Celestino Barros Pena, en nome e representación de José Antonio Iglesias Loureiro, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do dito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da devandita sala, debendo acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Emprácese a Gestión Integral Turística Félix Álvarez a través do Diario Oficial de Galicia (DOG).

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Pontevedra que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

E para que sirva de notificación e localización en legal forma a Gestión Integral Turística Félix Álvarez, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza