Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 24 de agosto de 2016 Páx. 37755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de agosto de 2016 pola que se notifica a resolución do procedemento sancionador e de reposición da legalidade, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición (expediente POL/72/2015-RP1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 7 de xullo de 2016, ditou resolución no expediente sancionador e de reposición da legalidade nº POL/72/2015-RP1, tramitado pola existencia, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre, dun establecemento expendedor de comidas e bebidas ao servizo da praia (dúas casetas prefabricadas, dous módulos portátiles para aseos e unha terraza), no lugar de Areamilla, Balea, no termo municipal de Cangas, provincia de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución a Caroline Schriber, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso de reposición, poderá interpoñer directamente recurso contencioso administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da presente notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou ante a circunscrición onde o recorrente teña o seu domicilio, conforme o disposto no artigo 14.1º, regra segunda da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación de resolución á destinataria arriba indicada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística