Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 24 de agosto de 2016 Páx. 37757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 10 de agosto de 2016, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lle comunica ao interesado a resolución de baixa da clasificación turística e da cancelación da inscrición de establecementos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle ao titular dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan a baixa da clasificación turística e a cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se lle notifica en cumprimento do establecido no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 10 de agosto de 2016

A xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
P.S. (Resolución do 22.4.2016)
Crisanto Jesús Lamela Rozas
Xefe da Sección Turismo II da Coruña

ANEXO

Establecemento: Pensión-Residencia El Universal.

Titular: Jaime Fosado Pumar.

DNI: 32412407W.

Enderezo: rúa Linares Rivas, 10.

Concello: 15300 Betanzos.

Establecemento: Café-bar El Universal.

Titular: Jaime Fosado Pumar.

DNI: 32412407W.

Enderezo: rúa Linares Rivas, 10.

Concello: 15300 Betanzos.