Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 24 de agosto de 2016 Páx. 37738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 8 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican expedientes sancionadores por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que establece que as notificacións que non fose posible practicar se farán por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que quedan supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, e que a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior, e logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse os interesados que constan no anexo, polo presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer, no prazo dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo (Pontevedra), para o coñecemento íntegro do acto notificado e constancia del. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo, 8 de agosto de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado (comercio)

Expediente

Acto

Concello

Lucía Fernández Ferradáns

PO-62/2015

Resolución

Vigo

Lira

PO-67/2015

Resolución

Pontevedra

Calzados Caribe

PO 70/2015

Resolución

Vigo