Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 23 de agosto de 2016 Páx. 37570

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pastoriza

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación do acceso ao núcleo de Bozarrei.

A Xunta de Goberno Local, na sesión do 5 de agosto de 2016, aprobou inicialmente polo procedemento de taxación conxunta o proxecto de expropiación do acceso ao núcleo de Bozarrei”, sito na parroquia de Lagoa, neste municipio da Pastoriza, cos seguintes documentos que regulamentariamente o integran:

a) Determinación do ámbito territorial.

b) Fixación de prezos, coa valoración razoada do solo.

c) Follas de xusto prezo individualizadas de cada parcela.

A superficie que se vai expropiar é de 284,55 m2. A valoración total ascende a cantidade de 1.070,76 euros, segundo a relación de propietarios afectados que a continuación se detalla:

Parcela

Propiedade

Superficie

Valoración

1

Erundino Grandío Expósito

177,67 m2

558,73 €

76555519-L

Lg. Bozarrei, Lagoa nº 4

27287 A Pastoriza.

2

Divina Iglesias Martínez

48,55 m2

152,68 €

76555227-A

Manuel Francos Iglesias.

Lg. Bozarrei, Lagoa nº 5

27287 A Pastoriza

3

María Otilia Grandío Expósito 53,70 m2

53,70 m2

168,87 €

76537097-C

Lg. Bozarrei, Lagoa nº 6

27287 A Pastoriza

4

Celso Francos López

60,57 m2

190,48 €

33649647-A

Lg. Bozarrei, Lagoa nº 7

27287 A Pastoriza

En cumprimento do disposto no artigo 118.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o proxecto de expropiación, xunto cos documentos que se sinalan, sométese a exposición pública durante o prazo dun mes, durante o cal os interesados poderán examinar o expediente nas oficinas municipais do Concello da Pastoriza, sitas na praza de Galicia nº 1, 27287 Lugo, así como presentar as alegacións, reclamacións ou suxestións que desexen, mediante escrito dirixido á alcaldía.

Así mesmo, publícase para os efectos de legal notificación a aqueles afectados que poidan resultar descoñecidos, en virtude do prevido no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Pastoriza, 9 de agosto de 2016

Primitivo Iglesias Sierra
Alcalde