Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 22 de agosto de 2016 Páx. 37367

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta dos terreos afectos á fase primeira do parque Paseo Preguiza.

A Xunta de Goberno Local, en sesión do 1 de agosto de 2016, acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación por taxación conxunta dos terreos afectos á fase 1ª do parque Paseo Preguiza, de conformidade co previsto no Plan xeral de ordenación municipal de Verín, aprobado definitivamente o 7 de decembro de 2012; aprobar o gasto por importe total de 97.507,66 € e realizar as publicacións e notificacións regulamentarias.

Segundo o disposto no artigo 143 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente exponse ao público durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos. Deben achegar a documentación acreditativa do seu dereito no devandito prazo e poden achegar os ditames periciais que xulguen pertinentes.

O expediente pódese consultar na Secretaría Municipal do Concello de Verín.

Para xeral coñecemento e para os efectos das alegacións oportunas no devandito prazo, exponse a seguinte relación de bens e dereitos para expropiar:

Relación de bens afectados:

Predio

Expropiación

Valoración

Exp.

Catastro

Afección m2 s

Clasificación PXOM

Vs €/m2 s

Valor €

Ref. cat.

Polígono

Parcela

1

9350901PG2495S

93509

1

10.913,00

SR

1,0737

11.716,97

2

9349801PG2494N

93498

1

1.091,00

SR

1,0737

1.171,37

3

9349802PG2494N

93498

2

207,00

SR

1,0737

222,25

373,00

SU_PEPRI-01

102,9091

38.385,09

4

32086A01100032

11

32

6.791,19

SR

1,0737

7.291,50

5

32086A01100035

11

35

5.956,00

SR

1,0737

6.394,78

6

32086A01109000

11

9000

121,00

SR

Total

65.181,97 €

Bens

Medición

Cantidade

V €/m2 c

Alpendre 1

146,40 m2 c

100,31

Alpendre 2

136,52 m2 c

100,31

Alpendre 3

39,35 m2 c

100,31

Total

322,27 m2 c

32.325,69 €

A presente notificación producirá os efectos previstos no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles interesados aos que non se lles puidese efectuar a notificación ou resulten descoñecidos no expediente.

Verín, 1 de agosto de 2016

Gerardo Seoane Fidalgo
Alcalde