Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 22 de agosto de 2016 Páx. 37364

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontedeume

ANUNCIO de licitación para a contratación, mediante procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración, das obras de rehabilitación e ampliación do mercado municipal de Pontedeume, incluídas no convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Deputación Provincial da Coruña e este concello.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Concello de Pontedeume.

b) Dependencia que tramita o expediente: servizo de contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: servizo de contratación do Concello de Pontedeume.

2º. Domicilio: rúa Real, nº 13.

3º. Localidade e código postal: Pontedeume 15600.

4º. Teléfono: 981 43 30 54.

5º. Telefax: 981 43 33 68.

6º. Correo electrónico: contratacion@pontedeume.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.pontedeume.es.

8º. Data límite de obtención de información e documentación: ata as 14.00 horas do día anterior a aquel en que termine o prazo de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2016/C003/000001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: rehabilitación e ampliación do mercado municipal de Pontedeume.

c) CPV: 45213141-3 (traballos de construción de mercados cubertos).

d) Lugar de execución: Concello de Pontedeume.

e) Prazo de execución: trece (13) meses.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación: ver o anexo IV do prego.

4. Valor estimado do contrato: 1.318.111,57 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.318.111,57 €. Importe total: 1.594.915,00 €, distribuído nas seguintes anualidades:

1º. Exercicio 2016: 158.279,99 €.

2º. Exercicio 2017: 1.436.635,01 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

c) Complementaria: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo K (especiais), subgrupo 7, categoría E.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP da Coruña ou no perfil do contratante www.pontedeume.es (ver cláusula 11.A.5) do prego).

b) Documentación que hai que presentar: 3 sobres pechados: sobre «A», subtitulado «Documentación», deberá conter a exixida na cláusula 12.1.2 do prego –Documentación completa-; sobre «B», subtitulado «Referencias técnicas». Criterios non avaliables de forma automática, deberá conter a exixida na cláusula 12.2 do prego; dobre «C», subtitulado «Oferta económica e referencias valorables automáticamente», conforme o modelo que figura como anexo II do prego.

c) Lugar de presentación: no Rexistro Xeral do Concello de Pontedeume ou na oficina de Correos.

d) Comunicación do envío por medio da oficina de Correos: segundo o establecido na cláusula 11.A.2 do prego, ao correo: contratacion@pontedeume.es.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: concello de Pontedeume.

b) Data e hora: no lugar, na data e na hora que se indique no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (ver a cláusula 28 do prego).

Pontedeume, 9 de agosto de 2016

Bernardo Fernández Piñeiro
Alcalde