Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 22 de agosto de 2016 Páx. 37255

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 1 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2016, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental.

BDNS (Identif.): 315221.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as confrarías de pescadores e as súas federacións, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que desenvolvan as súas actividades profesionais no sector marisqueiro e teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2016, a través dun procedemento en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 1 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2016, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental.

Cuarto. Contía

As subvencións que se convocan mediante esta orde faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.723A.7701 do orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2016, por importe total de 3.440.000,00 euros distribuídos en 1.720.000,00 euros para a anualidade 2016 e 1.720.000,00 euros para a anualidade 2017.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da dita orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2016

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar