Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 22 de agosto de 2016 Páx. 37326

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do contrato dun servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria de concienciación e sensibilización contra os incendios forestais (expediente 20/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: dun servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria de concienciación e sensibilización contra os incendios forestais.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24751

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 2 de abril de 2016, BOE do 11 de abril de 2016 e DOG núm. 77, do 22 de abril de 2016.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe total: importe neto: 346.279,80 €; IVE (21 %): 72.718,76 €. Importe total: 418.998,56 €.

Valor estimado: 346.279,80 €.

5. Financiamento: fondos propios libres.

6. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución de adxudicación: 3 de xuño de 2016.

b) Adxudicataria: J&J Publicidad y Comunicación, S.L.

c) Importe: 412.015,25 (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 1 de xullo de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: obtivo a puntuación máis alta na oferta técnica e resultou ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2016

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural